Saturday 27 de April de 2024

Alternativa dos Veciños reclama que o Consorcio de Igualdade faga xustiza coas persoas que debe consolidar as súas prazas


A necesaria solidariedade coas persoas que prestan os seus servizos de forma non estable no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar motiva a presentación dunha moción de apoio nos distintos plenos municipais con representación de Alternativa dos Veciños. Este colectivo de traballadoras realizan folgas as primeiras quincenas dos meses de setembro a novembro.

A Xunta debería atender as súas demandas para afrontar os procesos de estabilización nos seus posto de traballo a través dunha valoración máis xusta da súa relación co Consorcio. O proceso de regularización dos postos dá os mesmos puntos a un perfil profesional que presta o seu servizo nesa entidade ou en calquera outra, pese a que os e as traballadoras levan consigo a experiencia de ter traballado no Consorcio durante anos.

Esa experiencia é un valor de cada aspirante a consolidar a súa praza que a Xunta tira pola borda, pese que o espírito da lei ao abeiro da que se convoca o proceso reflíctese no seu propio nome: Lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.